As notícias do Brasil e do mundo em cerca de 5 minutos
…
continue reading
Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 10h ago
Hozzáadva három éve
Nội dung được cung cấp bởi Luzes. Tất cả nội dung podcast bao gồm các tập, đồ họa và mô tả podcast đều được Luzes hoặc đối tác nền tảng podcast của họ tải lên và cung cấp trực tiếp. Nếu bạn cho rằng ai đó đang sử dụng tác phẩm có bản quyền của bạn mà không có sự cho phép của bạn, bạn có thể làm theo quy trình được nêu ở đây https://vi.player.fm/legal.
Player FM - Ứng dụng Podcast
Chuyển sang chế độ ngoại tuyến với ứng dụng Player FM !
Chuyển sang chế độ ngoại tuyến với ứng dụng Player FM !
Podcast đáng để nghe
TÀI TRỢ BỞI
E
Exile


1 Episode 21: The Heiress Who Helped End School Segregation 35:10
35:10
Nghe Sau
Nghe Sau
Danh sách
Thích
Đã thích35:10
Hilde Mosse comes from one of the wealthiest families in Berlin and stands to inherit an enormous fortune. But she longs for something more meaningful than the luxurious lifestyle her family provides. So Hilde decides to pursue her dream of becoming a doctor. As the Nazis take power in Germany and the Mosse family is forced to flee, Dr. Hilde Mosse lands in New York having nearly lost everything.. She finds her calling treating the mental health of Black youth – and the symptoms of a racist system. In addition to photographs, school records, and correspondence spanning Hilde Mosse’s entire lifetime, the Mosse Family Collection in the LBI Archives includes the diaries she kept between 1928 and 1934, from the ages of 16-22. Hilde’s papers are just part of the extensive holdings related to the Mosse Family at LBI. Learn more at lbi.org/hilde . Exile is a production of the Leo Baeck Institute, New York and Antica Productions. It’s narrated by Mandy Patinkin. This episode was written by Lauren Armstrong-Carter. Our executive producers are Laura Regehr, Rami Tzabar, Stuart Coxe, and Bernie Blum. Our producer is Emily Morantz. Research and translation by Isabella Kempf. Voice acting by Hannah Gelman. Sound design and audio mix by Philip Wilson. Theme music by Oliver Wickham. Please consider supporting the work of the Leo Baeck Institute with a tax-deductible contribution by visiting lbi.org/exile2025 . The entire team at Antica Productions and Leo Baeck Institute is deeply saddened by the passing of our Executive Producer, Bernie Blum. We would not have been able to tell these stories without Bernie's generous support. Bernie was also President Emeritus of LBI and Exile would not exist without his energetic and visionary leadership. We extend our condolences to his entire family. May his memory be a blessing. This episode of Exile is made possible in part by a grant from the Conference on Jewish Material Claims Against Germany, which is supported by the German Federal Ministry of Finance and the Foundation Remembrance, Responsibility and Future.…
A actualidade está sobrevalorada
Đánh dấu tất cả (chưa) nghe ...
Manage series 3299700
Nội dung được cung cấp bởi Luzes. Tất cả nội dung podcast bao gồm các tập, đồ họa và mô tả podcast đều được Luzes hoặc đối tác nền tảng podcast của họ tải lên và cung cấp trực tiếp. Nếu bạn cho rằng ai đó đang sử dụng tác phẩm có bản quyền của bạn mà không có sự cho phép của bạn, bạn có thể làm theo quy trình được nêu ở đây https://vi.player.fm/legal.
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
…
continue reading
115 tập
Đánh dấu tất cả (chưa) nghe ...
Manage series 3299700
Nội dung được cung cấp bởi Luzes. Tất cả nội dung podcast bao gồm các tập, đồ họa và mô tả podcast đều được Luzes hoặc đối tác nền tảng podcast của họ tải lên và cung cấp trực tiếp. Nếu bạn cho rằng ai đó đang sử dụng tác phẩm có bản quyền của bạn mà không có sự cho phép của bạn, bạn có thể làm theo quy trình được nêu ở đây https://vi.player.fm/legal.
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
…
continue reading
115 tập
Minden epizód
×A
A actualidade está sobrevalorada

Vai para un ano que subimos, a maioría do electorado que acudiu ás urnas, ao bus do PP que conducía Alfonso Rueda. Que pasou desde entón? Que cambiou no goberno (a maiores duns funcionarios medoñentos que foron substituídos por outros afoutos que son quen de dicir amén ás pretensións dos xefes)? E na(s) oposición (s)? Porque no País parece que pouco, que os problemas seguen a ser os mesmos, pero máis vellos e grandes. Escoiten a Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , que ademais estrean sintonía (musical, entre eles xa a teñen) que se despiden da audiencia ata a semana seguinte, LIVE IN LUGO!…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Independencia, salarios e alerta cinexética 41:18
41:18
Nghe Sau
Nghe Sau
Danh sách
Thích
Đã thích41:18
Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?, Ángeles Vázquez , non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do nome do exministro de Franco e expresidente da Xunta, Manuel Fraga . É sobre que hai xabarís soltos na Autoestrada do Atlántico. Un caso máis de apenovismo, porque os xabarís andaron ceibos de toda a vida, e por todas as estradas, grandes e pequenas, de Galicia. Unha polémica, no pensar de algún/algunha dos contertulios (xa saben, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro ) igual de parva que a de se os que cobran o salario mínimo teen que declarar ou non o IRPF, cando en España se estima que hai, en artefactos financieiros legais, 300.000 millóns de euros, que cotizan un 2% ou 3%, e o imposto de sociedades está deseñado de forma que, canto máis ganan, menos contribúen fiscalmente. Un podcast completo no que se fala tamén de que en Galicia non só hai unha lista de espera para a dependencia, senón dúas (unha para que cha recoñezan, de un ou dous anos, e outra para cobrar, de seis a doce meses). Non haxa medo: o Goberno vai implantar un plan de choque, que inclúe cambiarlle o nome por Ley de Autonomía, e a Xunta, para non ser menos, cartos non se sabe se vai poñer, pero outro plan si. Unha suxestión: pódenlle chamar Lei de Independencia, que o marqueting xa está feito.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Galicia, unha vez máis pioneira. Neste caso, na xurisprudencia administrativa. O Tribunal Supremo absolveu a Rafael Louzán do delito de prevaricación porque se é ben certo que o hoxe presidente da RFEF e daquela da Deputación de Pontevedra inventou un concurso público para darlle uns cartos a unha empresa determinada, foi para pagar unhas obras acordadas mediante «connivencia» (sic) dos involucrados. O «ti vai facendo» ratificado pola alta xurisprudencia. Pero non só somos pioneiros na superación na Lei de Contratos pola vía dos feitos. Tamén o somos en terceira idade tecnolóxica. Os nosos vellos, e vellas, controlan que te cagas os trebellos, segundo o conselleiro do ramo. E se podes distraerte fedellando no aparato, que necesidade teñen de ir ao centro de saúde? Con mirar en Google que lles pasa e pedir o remedio por Amazon, amañado. Igual de rauda foi a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e/ou o presidente Rueda . Como o BNG e os seus secuaces tiñan ameazados aos funcionarios para que non emitiran informes a favor da instalación de Altri, nunha xogada mestra e secreta cambiou aos responsables de facer eses informes por xente menos sensible (unha delas, causalmente casada co director de Ence-Pontevedra), tal e como conta neste mesma web o compañeiro Juan Oliver.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Que pasou co Palacete de París que a Gestapo lle incautou aos vascos e que o PP tiña a firme convicción de que debería seguir sendo propiedade do Patrimonio Público do Estado? (Tan firme que mesmo votou en contra da suba das pensións, as axudas aos afectados da DANA e aos usuarios do transporte público para que pasase a mans dos «aprovechateguis»[© Miguel Tellado ] do PNV). O que tampouco saben Ana Luísa Bouza (pódena felicitar, está de aniversario), Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro é que vai pasar cos concelleiros electos nas listas do PSdeG-PSOE en Compostela. Porque dos seis, catro están algo díscolos e sen propósito da emenda. Tampouco saben que lles pasa a algúns funcionarios da Xunta que, segundo a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez , mesmo non durmen por medo do que lle poidan facer «o BNG e os seus secuaces» se fan algo a favor de Altri. Aparéceselles Néstor Rego pola noite? E por último, para eses que se apelidan Queijo, Enjamio ou mesmo Feijóo (por non falar de Otero ou Losada ), a RAG ten un remedio: expídelle un certificado raudo para que devolvan o seu nome familiar ao idioma do que nunca deberían ter saído.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Despois da pompa e circunstancia da toma de posesión de Donald Trump e seu séquito de tecnooligarcas, e a teor de a que líderes convidou ao aplaudirlle, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e mesmo Xosé Manuel Pereiro teñen claro os obxectivos deste segundo mandato do magnate e presentador televisivo: vai por Europa. E non precisamente a facerlle as beiras e tirarlle fichas. Tan claro como que os obxectivos, por activa ou por pasiva, da política sanitaria da Xunta son facilitarlle o negocio ao sector privado. O episodio deste semana comeza cunha desgracia, e remata con outra: o recordo ao falecido Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, un pedazo da historia audiovisual e da recente cultura popular de Galicia.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Socialistas, privatizacións e un senador veloz 38:24
38:24
Nghe Sau
Nghe Sau
Danh sách
Thích
Đã thích38:24
Que vai querer ser o PSdeG de maior? Esa é a pregunta que parece formularse no día a día. Rompe co BNG en Foz, sométese á cuestión de confianza na Coruña e anda en liortas consigo mesmo en Santiago. E mesmo hai quen sigue cuestionando o liderado de José Ramón Besteiro. Que tampouco é que sexa moita novidade na historia do PSdeG, que leva disparándose no pé toda vida sen necesidade de xuntarse en Amio. O que sí que teñen bastante traballado é a técnica do goberno municipal da protesta, e como mostra o apoio de Caballero, secundado por outros alcaldes e alcaldesas da área sanitaria de Vigo á convocatoria da manifestación en defensa da sanidade publica que terá lugar hoxe xoves. Se vostede nunca sabe que dicirlle a ese familiar que sempre defende a eficacia e aforro que aportan as privatización aproveite o episodio de hoxe porque o profesor Losada vai darlle o argumentario que desmonta esa mentira. Mentir, porén, é o dereito que asiste aos acusados nos tribunais, e así, pese ao que asegurou o velocimetro da Garda Civil, o senador Manuel Speedy Baltar asegurou que el non circulaba a 215 km/h cando o pararon na A6.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Manifestación, competencias e a señora Scrooge 46:41
46:41
Nghe Sau
Nghe Sau
Danh sách
Thích
Đã thích46:41
Esta semana acumúlansenos os sucesos históricos. Abríase xa o domingo coa masiva manifestación contra a instalación da factoría de produción de pasta de celulosa pola compañia Altri, na que entre 50.000 e 100.000 persoas, (máis outros cantos en espírito que non estiveron por problemas de axenda) e sen deixar tempo para unha reacción proporcionada da Xunta chegou, case por sorpresa, unha nova cesión de competencia para Galicia. Desde os tempos dese goberno que non debe ser mentado que non se producía semellante fito. Nós non temos moitas dúbidas en que é algo bo para Galicia, outra cousa é o que fagamos coa competencia. As dúbidas deixámolas todas para o que vai pasar coa nova presidencia da RFEF, que igual non era a mellor idea nomear a alguén cunha inhabilitación pendente por confirmar polo Supremo, mais que saberemos nós que non nos dedicamos a gobernar o fútbol. Para rematar, comentamos a sentenza do xuizo pola violación multiple sufrida por Mme. Gisèlle Pélicot e ademais de agradecerlle que dera a cara por todas dedicamos uns fermosos pensamentos para a outra parte no xuizo. Como é o derradeiro episodio do ano, Antón Losada, Marta Otero Mayán, Ana Luisa Bouza e Xosé Manuel Pereiro aproveitaron para felicitar as festas para toda a xente que escoita o podcast e a toda a tribo de Luzes , mesmo algunha que non sabemos se acabará sendo a señora Scrooge.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Altri, Alcoa e outras formas de aparvar 40:11
40:11
Nghe Sau
Nghe Sau
Danh sách
Thích
Đã thích40:11
Como se pretende instalar Altri na Ulloa ou como quere ficar Alcoa na Mariña? As dúas multinacionais e os seus socios locais usan a mesma táctica, aparvarnos a ver se cansamos. Esa é a teoría que manexan Ana Luísa Bouza , Antón Losada , Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro no noso episodio de hoxe, no que fan un chamamento a manifestarse o domingo 15 de decembro en Santiago contra a celulosa e outro chamamento a que fagan seu traballo á Xunta e ao goberno central para que asuman as súas responsabilidades no caso da factoría de alúmina-alumnio en Xove. A maiores, aínda lles queda tempo para pasmar co papo da administración autonómica, que devolve ao Estado millóns de euros que non dá gastado/ou non quere gastar en garderías públicas. E para apostar pola palabra do ano que escolle a RAG . Na nosa urna, Aparvar(se) levou 3 votos e Cantareiras, 1 (adiviñen quen a que). Pero vostedes voten como se fosen libres.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Remataron a Asemblea e o Congreso, queda Jácome 43:20
43:20
Nghe Sau
Nghe Sau
Danh sách
Thích
Đã thích43:20
Contra o prognóstico dos diarios de referencia, o BNG saiu indenme e radiante da súa XVIII Asemblea, con Ana Pontón tan pimpante como portavoz, e o PSdeG foi a excursión a Sevilla e non só non perdeu unha silla, senón que ganou unha: foi con cinco representantes e volveu con seis. Menos dá unha Pedra (Sánchez). Mentres, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome , decidiu que o seu é a verdade sen fronteiras, sen intermediarios e sen xornalistas que fagan preguntas incómodas. Así que se vai limitar a saír pola súa televisión, e arreando. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non saben que facer con este regalazo mediático.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Un veredicto, unha conselleira, unha asemblea 39:22
39:22
Nghe Sau
Nghe Sau
Danh sách
Thích
Đã thích39:22
A deliberación máis extensa dun xurado deu froito por fin, e a nós –e a todo o mundo– nos pillou en finde, pero iso non impide que Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debullen o resultado e dean a súa opinión arredor o veredicto sobre o asasinato de Samuel Luiz . Tamén comentan o sorprendente ataque destroy da conselleira de Igualdade, Fabiola García , ao sistema Viogen de vixilancia de mulleres ameazadas, non porque non sexa criticable, senón porque non parece moi normal poñer a caer dun burro o que hai sen propoñer algo mellor. Ou si, non queden calados, ou mellor caladas, e digan algo. E para rematar, o proceso pre-asamblear no BNG, que a nós nos parece normal dentro dunha organización, pero a outros unha descarnada loita polo poder. Consideran que La Voz de Galicia debería constituirse como corrente de opinión organizada dentro do Bloque? E nós (nós-nosoutros, non Nós )? Comenten e debatan ata o próximo episodio, que como a campaña de Nadal e a do IRPF, chegará no seu tempo.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Luces en Vigo, sombras en Muface e no PPdeG 48:13
48:13
Nghe Sau
Nghe Sau
Danh sách
Thích
Đã thích48:13
Vigo inaugurou o Nadal no planeta e máis alá co encendido das luces. É bo ou malo para a veciñanza? Para o alcalde Abel Caballero , desde logo, é inmellorable. Os que están máis a escuras son os afiliados a Muface, os funcionarios que teñen asistencia sanitaria a través das aseguradoras e que non saben a tal hora se desde o 1 de xaneiro do ano que vén seguirán atendidos polo seu seguro habitual ou terán que migrar ao Sergas. As compañías de seguros que ata agora atendían os mutualistas (Adeslas, DKV e Asisa) din que os 3.000 millóns longos de euros que reciben do Estado non lles chegan a nada, e o Ministerio de Sanidade que non hai problema en acoller ao millón e medio de refuxiados que virían da mutua funcionarial. Mentres, no PP de Galicia hai un conato de resurrección boina , Daniel Chapela , coordinador de Cultura da dirección do partido e concelleiro en Bueu vaise chamándolle inútil e de todo menos bonito ao conselleiro de ídem, Lingua e Xuventude, Jose López Campos. É Chapela o derradeiro galeguista no PP, como aqueles soldados xaponeses perdidos que non sabían que rematara a guerra, ou hai algo máis? Escoiten a Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , e quizais non aprendan nada, pero polo menos pasarán o tempo.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Feijoo non vai ao Parlamento, pero queda en Twitter 43:31
43:31
Nghe Sau
Nghe Sau
Danh sách
Thích
Đã thích43:31
Unha semana máis o mundo non deixa de sorprender a Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , o que fala bastante da súa capacidade para o asombro, porque hai cousas que son máis predecibles que o guión dunha peli de tarde. Por exemplo as maneiras pouco democráticas e nada deliberantes do grupo parlamentario do Partido Popular de Galicia, que xa non perde o tempo nin en votar en contra as peticións de comparecencia da oposición na comisión sobre os contratos menores na pandemia e a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro. Que o noso Alberto pida a comparecencia de outros mentras escapa da súa entra dentro do mesmo guión e nin pide perdón nin parece que lle importe. Os que si que pediron perdón esta semana foron varios acusados de asasinar a Samuel Luiz cunha malleira. Din que non son culpables, mais piden perdón. Cousas veredes. E outro que non pide perdón porque vai ao seu é Elon Musk , e así iste vaise e aquel vaise e todos, todos se van; Twitter sin xentes quedas que te poidan traballar. Cara onde marcha a xente? Pois non se sabe moi ben, mais de entrada para onde non se organice todo para que teña razón sempre a ultradereita.…
A
A actualidade está sobrevalorada

O lodo non só está a cubrir rúas e casas en Valencia. Tamén cimenta carreiras políticas, en todas partes. Por exemplo nos Estados Unidos de Norteamérica, onde Donald Trump un candidato que renega da democracia liberal que é o tótem do país acaba de ser reelixido presidente, e coa maioría do voto popular. Os aquí presentes, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, tentan aclarar algo o camiño dos lodos, aquí e aló. Quen non parece moi disposto a aclarar nada é o grupo parlamentario do PP de Galicia, que entre a lista non negociable de comparecencias da comisión de investigación sobre as contratacións de Sanidade nos últimos anos (Hospital Álvaro Cunqueiro , parentes mellorados de Alberto Núñez Feijóo ...) non contempla precisamente a comparecencia de quen foi o responsable de todo (e magnífico xestor, segundo el propio) durante 15 anos, o tal Núñez Feijóo.…
A
A actualidade está sobrevalorada

A actualidade de fóra, por moi sobrevalorada que estea sempre, neste caso imponse. As riadas de Valencia, que tamén afectaron a Castela-A Mancha e a Andalucía, cobráronse unha cantidade de mortos aínda sen precisar, pero que todo indica que constituirán unha das maiores, se non a máis grande, en vitimas de todas as catástrofes ambientais no Estado. Catástrofe é tamén o asunto Errejón . Catástrofe persoal para el, pero tamén para o seu grupo –ou grupos políticos–. Non está o tamborileiro para gaitas, e o único que nos saca do pozo é o premio das Letras Españolas ao noso codirector, Manuel Rivas , que desde xa nos debe unha paparota.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Pois si, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro conversaron sobre como vai transcorrendo a vista oral pola morte de Samuel Luiz, e a súa repercusión en medios e redes, e chegaron á conclusión de que botaban de menos o xornal El Caso e aquelas outras publicacións de sucesos que servían como referente –negativo– para que os medios serios souberan a que estremos non debían chegar. Pero tamén tocaron outro tema de gran incidencia social: a vivenda. E aquí salta a sorpresa: os pisos están caros? Non! Son os salarios os que están máis baixos ca nunca. Tanto que nin chegan para alugar. Escoiten se non o cren.…
Chào mừng bạn đến với Player FM!
Player FM đang quét trang web để tìm các podcast chất lượng cao cho bạn thưởng thức ngay bây giờ. Đây là ứng dụng podcast tốt nhất và hoạt động trên Android, iPhone và web. Đăng ký để đồng bộ các theo dõi trên tất cả thiết bị.