Caleidoscopio # 2
MP3•Trang chủ episode
Manage episode 248727995 series 1375560
Nội dung được cung cấp bởi Radio Liverdade. Tất cả nội dung podcast bao gồm các tập, đồ họa và mô tả podcast đều được Radio Liverdade hoặc đối tác nền tảng podcast của họ tải lên và cung cấp trực tiếp. Nếu bạn cho rằng ai đó đang sử dụng tác phẩm có bản quyền của bạn mà không có sự cho phép của bạn, bạn có thể làm theo quy trình được nêu ở đây https://vi.player.fm/legal.
A historia do pobo Mapuche caracterízase, como a de moitos pobos orixinarios, pola loita polo seu territorio e o mantemento da súa cultura. Primeiro chegaron os Incas, daquela os conquistadores españois e cando Arxentina independizouse os seus sucesivos gobernos aceleraron o que os seus antepasados emprenderon: a conquista do territorio Mapuche e a aniquilación dos seus habitantes. Repasando estes sucesos chegamos ás problemáticas políticas e económicas que o neoliberalismo está impoñendo ao pobo Mapuche na provincia de Neuquén. Programación musical: Kalfuray – Canción Mapuche de sanación Machikantun – Canción Mapuche de sanación Truktrukatun – Afalaiai Referencias: -De centauros a protegidos. La construcción del sujeto de la política indigenista argentina desde los debates parlamentarios (1880 – 1970). Diana Isabel Lenton -Autonomía o ciudadanía incompleta: el pueblo mapuche en Chile y Argentina. Isabel Hernández –La Nación Mapuche Puelmapu ka Gulumapu. Victor Manuel Gavilan Documentais: –Tierra adentro de Ulises de la Orden –La nación Mapuche de Fausta Quattrini e Daniele Incalcaterra –La guerra del fracking de Pino Solanas Aproveitaremos para botar una ollada á situación da ría de Ferrol e os seus habitantes cuxa seguridade está cuestionada pola planta de gas de Reganosa. A segunda parte céntrase na vida de Atahualpa Yupanqui e as súas cancións. Alternaremos entre as súas anécdotas e algúns temas do seu amplo repertorio. Programación musical: Le tengo rabia al silencio Los ejes de mi carreta Basta Ya Caminito del indio Fin de la Zafra Soy libre La llorona Guitarra de pobre Campesino Entrevista: Programa “A fondo” da RTVE.
…
continue reading
3 tập