Chuyển sang chế độ ngoại tuyến với ứng dụng Player FM !
“Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño. Episodio 9
Manage episode 358757367 series 1085832
Chegamos ao final de Retrato Sonoro con Martín Gordo Mostaza. Martiño como xa sabes é un home centenario do lugar da Teixeira (La Tejera), no concello de Hermisende, na provincia de Zamora.
Curiosamente chegamos ao final deste podcast no mesmo mes, este marzo de 2023, no que Martín cumple 102 anos, 103 primaveras. Parabéns, Martín!!
Este derradeiro episodio será breve pero con temas importantes: lobos, fiadeiros, mocear coas rapazas (e o que iso implicaba), por suposto festas; e falaremos Martín e máis eu, Fidel, dun pobo xa desaparecido, Parada e do que Martín, co maior que é non ten recordo de que estivese habitado. Escoita atentamente porque con Parada facemos un paralelismo que pensamos pode resultarche de interese.
Dos lobos que podemos falar… ese enemigo ancestral das persoas nestes lugares rurais tan vencellados a gandería, no que se che levaba un vitelo ou un cordeiro, era un drama… non é tan fero nos últimos tempos como o queren pintar algúns sectores.
Das festas… pois que non facía falta nada para que cun gaiteiro e unha persoa cun instrumento de percusión, xa tiveran o baile montado. Recordos alegres.
As peaxes que tiñan que pagar os mozos dos lugares veciños que se atrevían a ir aos lugares que non eran seus para poder ter unha relación coa moza de turno… Unha actividade con certos riscos… “Verás, verás…”
E algo tan propio destes lugares de montaña, das aldeas que tiñan que sufrir longos invernos e que cando caía o sol, non había moito que facer… salvo ir á casa dun veciño ou veciña a ver fiar as mulleres. Ver fíar, falar, contar contos, poñerse a ben con algún rapaz ou rapaza… Os fiadeiros.
Recorda que este podcast é editado por Jordi Mirindo. A voz que lle fai o contrapunto a Martín é a de Fidel Mouzo. As pezas audiovisuais que podes ver nas nosas redes sociais son de Emmanuel Vázquez e que a voz en off que presenta o podcast e che da os métodos de contacto é a de Lorena. Agradecer sempre a Ángel, fillo de Martín pola súa amabilidade e facilidades.
Chegamos ao final… Estamos a preparar un capítulo especial resumo sobre este serial con Martín. A ver qué resulta… Escoitámonos pronto.
The post “Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño. Episodio 9 first appeared on Sons Podcasts.50 tập

Tất cả các tập
×Chào mừng bạn đến với Player FM!
Player FM đang quét trang web để tìm các podcast chất lượng cao cho bạn thưởng thức ngay bây giờ. Đây là ứng dụng podcast tốt nhất và hoạt động trên Android, iPhone và web. Đăng ký để đồng bộ các theo dõi trên tất cả thiết bị.